Santiago de Compostela acollerá este xoves e venres o II Workshop de Biofabricación Aditiva (WAB 2026), un encontro científico internacional que reunirá a máis de 140 especialistas de referencia en impresión 3D e enxeñería de tecidos aplicada á biomedicina. O evento está organizado polos investigadores do Instituto de Materiais da USC (iMATUS) Patricia Díaz, Bárbara Blanco e Luis A. Díaz, e conta co apoio do proxecto europeo Iberos+, unha iniciativa estratéxica liderada desde a Universidade de Vigo polo catedrático Pío González que reúne os esforzos de máis de 150 investigadores e investigadoras da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no campo da biofabricación para o envellecemento saudable.
Tras unha primeira edición celebrada en Madrid en 2024, o workshop consolida o seu carácter bienal como un foro de referencia de intercambio científico e tecnolóxico. Durante as dúas xornadas, abordaranse os principais retos e oportunidades da biofabricación, desde o deseño avanzado de materiais e estruturas ata a súa translación a terapias avanzadas e produtos sanitarios, nun contexto marcado pola innovación responsable e a transferencia de coñecemento.
A I Xornada Avances da Biofabricación en Galicia, celebrada este martes no edificio Miralles do campus de Vigo, serviu para coñecer traballos de vangarda desenvolvidos polo alumnado do Máster en Biofabricación, unha titulación interuniversitaria impartida de xeito conxunto pola Universidade de Vigo, a de Santiago de Compostela e a da Coruña da que acaba de saír a primeira promoción.
O encargado de dar a benvida aos asistentes foi o catedrático da Universidade de Vigo Pío González, coordinador do mestrado e investigador responsable do Instituto de Biofabricación en Rede para o Envellecemento Saudable, Iberos+, que destaca que “esta xornada constitúe unha mostra representativa do alto nivel científico e do potencial innovador da I+D que se promove dende as universidades, os centros tecnolóxicos e as empresas de Galicia”.
O Instituto de Biofabricación en Rede para o Envellecemento Saudable (Iberos+), formado por 17 grupos de investigación de universidades, entre eles o de Novos Materiais e o de Inmunoloxía da UVigo, institutos de investigación, fundacións e catro empresas innovadoras de Galicia e o norte de Portugal, celebrou este venres en Vigo unha xuntanza para explorar novas colaboracións e expandir o seu alcance.
Durante a IV Xornada Iberos+, representantes de grupos de investigación e entidades alleas a este proxecto presentaron as súas capacidades e liñas de traballo en relación co campo da biofabricación, co obxectivo de identificar sinerxías e potenciais oportunidades de colaboración cos membros do instituto transfronteirizo.
A biofabricación e a enxeñaría de tecidos revélanse como áreas de coñecemento disruptivas con gran potencial para abordar algúns dos principais desafíos aos que se enfronta a sociedade no campo da saúde, o que as converte en nichos de mercado e de emprego de gran proxección para o futuro. No caso da Eurorrexión Galicia-norte de Portugal, a existencia dunha rede científica avanzada e dun sector biotecnolóxico moi dinámico amplía as oportunidades para que este impacto sexa especialmente relevante. Estas son algunhas das conclusións preliminares da análise do contexto socioeconómico realizada para a elaboración do Libro Branco da Biofabricación por parte do Instituto de Biofabricación en Rede para o Envellecemento Saudable, no marco do proxecto europeo Iberos+.
Os avances no desenvolvemento deste documento, que busca anticiparse á medicina do futuro, déronse a coñecer este venres en Braga na terceira reunión dos socios do proxecto, liderado pola Universidade de Vigo e financiado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal 2021-2027 (POCTEP) cun orzamento total de preto de 2,2 millóns de euros ata 2026. Iberos+ é a evolución do proxecto Iberos, que puxo as bases desta colaboración científica entre 2017 e 2020. Esta nova iniciativa, na que se integran máis de 150 investigadores e investigadoras, ten como obxectivo dar resposta aos desafíos sociosanitarios asociados ao envellecemento da poboación na eurorrexión Galicia-norte de Portugal e na Unión Europea en xeral.
O Instituto de Bionexeñaría en Rede para o Envellecemento Saudable (Iberos+) reuniu este venres en Oporto a representantes dos 13 grupos de investigación galegos e portugueses que o integran para compartir coñecemento sobre sobre bioimpresión 3D, biomateriais, órganos nun chip e organoides, co obxectivo de explorar novos proxectos conxuntos.
Iberos+ é a evolución do proxecto Iberos, que puxo as bases desta colaboración científica entre 2017 e 2020. O novo traballo, no que se integran máis de 150 investigadores e investigadoras, conta cun orzamento de preto de 2,2 millóns de euros ata 2026, procedente do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal 2021-2027 (Poctep) –co cofinanciamento de FEDER–. O seu fin último é mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación, con especial foco nas enfermidades asociadas ao envellecemento.
Trinta especialistas en bioimpresión 3D impartirán un curso sobre esta tecnoloxía emerxente en Santiago de Compostela entre os días 18 e 21 de xuño no marco do consorcio europeo Ibero+, unha iniciativa liderada desde a Universidade de Vigo polo catedrático Pío González que reúne os esforzos de máis de 150 investigadores e investigadoras da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no campo da biofabricación para o envellecemento saudable.
O obxectivo do curso, organizado neste caso polas universidades de Santiago de Compostela e Carlos III de Madrid, é dar a coñecer as diferentes técnicas da bioimpresión e as súas aplicacións biomédicas entre públicos moi diversos. Aínda que está dirixido principalmente a estudantes de grao, máster e doutoramento nos campos da saúde e a enxeñería, tamén é accesible para estudantes e profesorado de ESO, bacharelato e FP, persoal investigador sénior, empresas biotecnolóxicas e público en xeral.